Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTRABIOGRAFIA

€20,00
ISBN 9788411761802

Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.
Texto da estirpe dos híbridos, o motor de Contrabiografía é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar que —co pretexto de dar conta dunha vinganza, un asasinato, unha execución, unha historia real con trazas de traxedia grega— busca e recrea pontes, rías, pasadizos e viaxes de ida e volta, do golfo Ártabro a América, deste século aos séculos pasados, para, acaso sen pretendelo, descubrir que todo é estrañamente parecido ao que nos contaron.

XABIER LÓPEZ LÓPEZ (Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas como Doutor Deus (1999), A estraña estrela (2003),
A vida que nos mata (Premio García Barros 2003), Trinta e dous dentes (2007), Cadeas (2013), Olympia Ring, 1934 (2014) e 900 (Premio Torrente Ballester 2018), ás que se engade o libro de relatos Os libros prestados (2010). No ámbito da literatura infanto-xuvenil, publicou, Biff, bang, pow! (1997), Cando Artur non era rei (2012) e O segredo da vella librería (2018), entre outras. En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con Max & Franz. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés, e recibiu diversas distincións, como o Premio Risco de Literatura Fantástica, o Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.

____

Editorial: Galaxia 02-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • LOBOS NAS ILLAS

    Marilar Aleixandre
    €16,45

    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos...

    Ver todos os detalles
  • PRIMAVERA A CAMAREIRA, O CUARTO E O LIBRO DE POEMAS

    Fernández Davila, Fran
    €16,00

    VIII PREMIO ANTÓN RISCO DE NOVELA CURTA. A obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte coma cara a  litera...

    Ver todos os detalles
  • 900

    900

    VV.AA.
    €21,20

    Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, 900 segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro ...

    Ver todos os detalles
  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • EPISTOLARIO

    EPISTOLARIO

    Librería Abrente
    €19,90

    Neste volume reúnese un conxunto epistolar de preto de medio centenar de textos, conxunto que abrangue un arco temporal que vai dende os días da Se...

    Ver todos os detalles