Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ONDE BATE O MAR

€18,95
ISBN 9788411108621
 Onde bate o mar é unha emocionante novela de intriga e suspense publicada por Edicións Xerais de Galicia en setembro de 2026. Supón a primeira incursión na narrativa para o público adulto da escritora e chef de Nigrán Raquel Fernández Fernández, quen xa conta cunha recoñecida traxectoria previa en certames poéticos e na literatura xuvenil coa novela I'm Obélix (Premio Jules Verne 2024). 
A trama e a estrutura desta obra policial desenvólvense arredor dos seguintes eixes:
  • Un dobre misterio no mar: A historia arranca despois dunha forte noite de treboada no litoral das Rías Baixas, onde aparecen dous cadáveres en puntos diferentes: o dun experimentado navegante de orixe danesa e o dun veterano percebeiro de Baiona.
  • Unha investigación compartida: Aínda que inicialmente semellan dous tristes accidentes marítimos, as sorprendentes conexións entre as dúas mortes obrigan a colaborar a dúas forzas de seguridade: o inspector Antúnez da Policía Nacional de Vigo e a tenenta Lomba da Garda Civil de Baiona. 
  • Un crebacabezas interxeracional: A investigación policial axiña destapa unha complexa rede de rancores e vinganzas familiares que se estenden ao longo de varias xeracións. Elementos tan dispares como o pasado viquingo de Baiona, un vello naufraxio, un coche de luxo Porsche Panamera e ata unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas van tecendo a intriga. 
  • O territorio como personaxe: A autora constrúe un relato onde a psicoloxía dos personaxes está perfilada de xeito moi afiado, pero onde a paisaxe costeira, o mar e o clima das Rías Baixas xogan un papel indispensable no avance da historia.

En diferentes puntos do litoral das R¡as Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que levan a cabo o inspector Antúnez, da Polic¡a Nacional de Vigo, e a tenenta Lomba, da Garda Civil de Baiona. O que nun inicio son dous accidentes no mar, axiña se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal. Raquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicolox¡a dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.

AUTORA
Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como «chef» nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a literatura e a escrita sempre formaron parte da súa vida. Ao longo dos últimos anos conseguiu máis dunha quincena de diferentes premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023) ou o Premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022). En marzo de 2024 publicou a novela «Contas de Buxo», dirixida ao público xuvenil. En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I'm Obélix» (Xerais, 2024). «Onde bate o mar» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela para lectorado adulto.

____

Editorial: Xerais 10-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 280
NARRATIVA
INTRIGA