Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ONCE PORTAS

€14,60
ISBN 9788491211792
Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016   "Once portas" é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.

O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro sentido.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego