OBRAS CASTELAO T.II
ISBN 9788482883953
A obra clave do pensamento galeguismo nunha coidada edición
Esta coletánea de ensaios é con seguridade o libro non de ficción máis coñecido e lido en galego. Esta obra recolle as principais manifestacións políticas de Castelao, e converteuse na obra imprescindible para a comprensión do nacionalismo galego. Nesta edición o ensaio vén precedido dunha introducción escrita por Henrique Monteagudo titulada "Castelao no desterro, na guerra, no exilio, Sempre en Galiza".
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego