Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

OBRA REUNIDA

€18,00
ISBN 9788419040008

Baixo o título Obra reunida traduciuse ao galego a obra narrativa localizada de Santiago Gómez Tato. Os dezaoito relatos de De la tierra meiga (1924), os nove de Céltiga (1924) e mais a ducia de narracións soltas que acaso integrasen o volume inédito Enxebre (1924- 28) ambiéntanse nos concellos de Cerdedo (Pontevedra) e Santa Comba (A Coruña) ou nunha utopía rural tecida con fíos de ambas as dúas madeixas vitais. Nos textos de Gómez Tato apréciase unha celebración nostálxica da natureza e da paisaxe, do carácter da xente rural e dos costumes e tradicións, en contraste coa crítica acerba do caciquismo, bosquexado como un obsceno aquelarre de personaxes grotescos. O material recompilado, e agora editado, non só arrequece o tesouro literario de Cerdedo, senón que é paradigma do inmenso e ignoto labor cultural dos protagonistas da nosa diáspora.

____

Editorial: Morgante

Idioma: Galego