«Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. Obaba non existe, non está en ningún mapa; é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero axiña se atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra baseada nas lembranzas de infancia de Bernardo Atxaga, que a estruturou en tres apartados: «Infancias», «Nove palabras en honra da vila de Villamediana» e «Á busca da derradeira palabra».
Idioma: Galego
____
Editorial: Kalandraka 2021Idioma: Galego