Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O XINETE DO CABALO BRANCO

€13,00
ISBN WP3076
Novela curta escrita en lingua alemá por Theodor Storm, veu a luz por vez primeira en 1888 . O histórico territorio da Frisia setentrional sérvelle ao autor como marco para a reconstrución dunha lenda popular transmitida de xeración en xeración: cóntase que unha figura espectral cabalga sobre as marismas ao lombo da súa montura durante as noites de temporal.

O xinete do cabalo branco, novela curta escrita en lingua alemá por Theodor Storm, veu a luz por vez primeira en 1888 nas páxinas da revista Deutsche Rundschau. O histórico territorio da Frisia setentrional sérvelle ao autor como marco para a reconstrución dunha lenda popular transmitida de xeración en xeración: cóntase que unha figura espectral cabalga sobre as marismas ao lombo da súa montura durante as noites de temporal. Así é como Storm eloxia o que ama, isto é, a paisaxe gris, hostil e fermosa da terra que o veu nacer, onde a natureza se moldea a partir de diques e areallo.Unha obra, pois, con substanciosos elementos de superstición, vangloria, folclore e fantasía, así como un dobre marco narrativo que dá moito xogo; o lector chegará a través do relato do vello mestre á historia de Hauke, quen aló polo século XVII se afanara en loitar contra a natureza para erixir un gran dique que permitise gañarlle unha lingua de terra ao mar. Trátase, en definitiva, dun dos mellores textos literarios do século XIX, e como tal resulta ben difícil de etiquetar; poida que o acaído sexa cualificalo como unha amálgama conmovedora elaborada a partir dos códigos costumistas, dos realistas e mesmo de certas pinceladas do que anos despois daría en chamarse naturalismo.

____