Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O TRIÁNGULO ESCALENO

€10,00
ISBN WP1307
O eixe temático, como era de agardar, estabelécese en torno ao amor. E cada personaxe enténdeo e víveo á súa maneira. Falan de sentimento, pero en realidade refírense case sempre á sexualidade.

Elas amosan unha concepción máis aberta, máis sincera, máis actual; el, pola contra, segue ancorado no pasado; representa a Igrexa máis tradicional, conservadora; por moito que pretenda ofrecer unha faciana moderna, non deixa de amosar a verdadeira caste; non hai capa de verniz, por brillante e grosa que sexa, que poida evitalo. O tema do celibato, malia que apenas se aluda directamente a el, está sempre latente e resulta decisivo para o desenlace. A Brais gústanlle as mulleres, tal como el mesmo confesa, “máis có pan quente”. Pero iso non semella crearlle moito conflito, máxime se temos en conta que se considera “un monxe medieval con corazón de pedra e mente de inquisidor”. Refíreo de broma, pero talvez alá no fondo sexa verdade. Xa dende a súa chegada semella, malia a súa afabilidade, que actúa con máscara, ou mesmo con máscaras, pero até o final non o descubriremos. Trátase en realidade dunha careta moi sutil, que non se diferencia alá moito da das dúas mozas, inxenuas, bondadosas, sempre directas. Dan a impresión que non ocultan nada. E quizais así sexa. Marta, porén,  aparece como máis desconfiada e realista. Non perde ocasión de opinar sobre todo, de maneira moi crítica, en especial da Igrexa, da que non quere saber nada, segundo di.

____