Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TRASNO DE ALQUEIDÓN

€8,90
ISBN 9788483027554
Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1996 Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles.

Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man."Neve na Amaía" Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico."Chave de Ponte, Chave de Carballo" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • XAN E PERICÁN

    XAN E PERICÁN

    Daniel Ameixeiro
    €9,50

    "Xan e Pericán" de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanz...

    Ver todos os detalles
  • NO CORAZÓN DO BOSQUE

    NO CORAZÓN DO BOSQUE

    Agustín Fernández Paz
    €9,20

    Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso...

    Ver todos os detalles
  • O ARMARIO NOVO DE RUBÉN

    O ARMARIO NOVO DE RUBÉN

    Xabier P. DoCampo
    €7,35

    Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os se...

    Ver todos os detalles
  • CHAMIZO

    CHAMIZO

    Fina Casalderrey
    €8,80

    Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que é consciente de...

    Ver todos os detalles
  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA

    DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA

    Fina Casalderrey
    €9,00

    Premio Merlín de Literatura Infantil, 1991   Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días se...

    Ver todos os detalles