Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TRADUTOR CLEPTÓMANO

€20,00
ISBN 9788419795922

Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos.

Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista.

Esta obra publicouse por primeira vez en galego en 2009. Esta nova edición conmemora os vinte anos da editorial.

Dezső Kosztolányi (1885-1936) foi poeta, ensaísta, narrador e tradutor (entre outros, de Shakespeare, Wilde, Rilke, Goethe, Baudelaire, Verlaine e Maupassant). Publicou cinco libros de poemas, catro novelas e dous volumes de relatos, dos que proceden os contos aquí escolmados.

Kosztolányi é o grande escritor húngaro do século XX e probablemente un dos máis influentes de Centroeuropa. Mestre dos seus compatriotas Sándor Márai e Péter Esterházy, influíu fondamente no iugoslavo Danilo Kis. Tradutor, xornalista á par que frutífero escritor, anovou a literatura húngara dotándoa dunha gran carga irónica, creando personaxes que son parte do imaxinario colectivo do seu país.

____

Editorial: Rinoceronte 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 108
CARTONE
RELATOS
FICCIÓN CLÁSICA