Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O TEMPO QUE VIVIMOS

€29,00
ISBN 9788412222111

O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a adversidade ao bordo do abismo. Nostalxia, melancolía, anhelo é a segunda secuencia e nela aparece o único retrato do autor en todo o volume: el, posto de pé sobre un trampolín, contenplando a superficie das augas dunha piscina. O terreo baleiro [laceración], a seguinte sencuencia, esculca as áreas ilusorias da mente, a fantasía, a alucinación e a propia imaxe como elementos que tamén fornecen a memoria e que, ao tempo, a disturban. Non podo deixar de ser quen son nin co que son conformarme dálle título á cuarta secuencia, que de novo nos demerxe na dimensión ilusoria da identidade. A memoria creámola xuntos / a viaxe é longa e rápida serve de introdución a un conxunto de imaxes sobre a inestabilidade da vida, para logo demerxenos nos efectos de Loita e traballo. O libro péchase con Onde se deposita o tempo, secuencia marcada pola serenidade, os residuos e a disolución.

Trátase dun libro que nos conduce a través de visións sempre inquietantes, de gran profundidade emocional, cun discurso que non oculta as caras menos compracentes nin se recrea nas máis liviás. Ás veces aparecen labirintos, os trampaollos e a estradas que semellan perderse en sitio ningún. Son reflexos que nos hipnotizan na súa beleza ou son masas que nos estremecen no silencio da súa violencia. E case sempre, como un sedimento, está a soidade, as escintilacións, a vida…

____

Editorial: Chan da Pólvora

Idioma: Gallego