Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SON QUE COÑECEU RAMÓN CAAMAÑO

€33,50
ISBN 9788498123326
Xentes e espazos dentro e fóra do marco fotográfico. Unha obra que reflicte “a entrada do século XX de Galiza.  

Os investigadores Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó son os gañadores do XI Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña – dotado cun galardón de 6.500 euros e a edición da obra gañadora- coa súa obra O son que coñeceu Ramón Caamaño. O xurado estimou a “contribución social á historia da fotografía galega e da modernidade” ao combinar “fontes orais e arquivísticas, facendo unha descrición con mestría e amenidade, que parte do local para dirixirse a un público xeral. Desta maneira mesmo coas raíces do traballo no concello de Porto do Son, o ensaio acada unha dimensión moito máis abranxente e vincúlase ao conxunto do país Destaca tamén que o traballo “combina dun xeito acertado o ensaio e a reportaxe fotográfica, tocando distintos planos e sectores, como a demografía, o mundo do traballo, os conflitos sociais ou mesmo a rede viaria”. Así mesmo, O son que coñeceu Ramón Caamaño reflicte, para o xurado, “a entrada do século XX de Galiza”.

____

Editorial: Deputación da Coruña
Idioma: Gallego