Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SENTIDO DUN FINAL

€16,90
ISBN WP1163
Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. obras de Barnes, Julian: Arthur e George

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. A vida conduciunos por camiños tan diverxentes ata converter en imposible a promesa de amizade eterna que se fixeran ao saír do colexio. A Tony, a vida deulle unha existencia pacífica e convencional, na que as arelas aventureiras da xuventude deron paso á conformidade e un plácido retiro. Pero a chegada inesperada dunha carta obrigarao a revisar o seu pasado e cuestionarse se a versión que se contou a si mesmo durante tantos anos non é tan fiel aos feitos como el cría. O sentido dun final é un incisivo exame das zonas de sombra da memoria e a fraxilidade das aspiracións, do valor da amizade e do compromiso, ademais da impredecible natureza do amor e os afectos, a cargo dun inesquecible personaxe.

____