Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O QUE NON TEN PREZO

€16,50
ISBN 9788411762229

Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une.
Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo onde se agochan personaxes que gozan da felicidade, que cobizan o amor, o sexo e a beleza. Porque iso é a vida, o que somos e o que queremos ser.
O prezo dos nosos soños.

Pacho Blanco, Xosé M.

(Ourense, 1974) é o único autor galego que acadou os dous galardóns máis importantes da literatura galega, o Premio Torrente Ballester, coa novela A choiva do mundo, e o Premio Rafael Dieste coa obra Teatro ou xeitos de cargar un arma, ademais do V Premio Diario Cultural con Paraísos

Doutor en Dereito, profesor de universidade e avogado, colabora en proxectos culturais e literarios. No eido da investigación conta con publicacións sobre dereitos lingüísticos, xustiza transicional e cambio climático. Agora regresa ao mundo da creación coa novela social O que non ten prezo.

____

Editorial: Galaxia 06-2024
Idioma: Galego