Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA

€14,75
ISBN WP4725
Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación.

Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado ?analxésico para a dór de moas ?autoanémica?? non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da Galiza ?nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse. Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira: ?a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán?. Non contaba coa incurábel cegueira política celtíbera ?análoga, por certo, á das persoaxes da xenial novela do Saramago. ?Non nos entenden, non?: esa frase pondalián si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente Xosé Manuel Beiras

____

Editorial: Laiovento