Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O PORQUÉ DE TODAS AS COUSAS

€17,00
ISBN 9788416721726

Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas» son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa.


Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.

____

Editorial: Kalandraka

Idioma: Gallego