Jean-Baptiste Grenouille naceu seis anos antes da Revolución Francesa no barrio máis fedorento de París. Dende a súa nacenza ten unha extravagante cualidade: non desprende olor ningún, polo que lle atribúen a presenza dalgún demo. Tamén posúe un don excepcional: un olfacto prodixioso que lle permite percibir todos os aromas do mundo.
Un clásico que vendeu máis de 150 millóns de exemplares en todo o mundo.A incrible historia do famoso Jean-Baptiste Grenouille, o mellor elaborador de perfumes de todos os tempos. Jean-Baptiste Grenouille é, grazas ao seu prodigioso sentido do olfacto, o mellor elaborador de perfumes de todos os tempos. Pero é un ser grotesco, deforme e repulsivo aos ollos das mulleres. Como vinganza a tanta ofensa sufrida por mor do seu aspecto físico, elabora un raro perfume que subyuga a vontade de quen o cheira. Así, Jean-Baptiste consegue o favor das damas da alta sociedade e o dominio dos poderosos. Existe un único problema: para obter a esencia elemental da máxica fragrancia necesítanse os fluídos corporais de jovencitas virxes, e, para iso, o perfumista non dubida en converterse nun obsesivo, cruel e deaspiadado asasino.
____
Editorial: Sotelo Blanco 2006
Idioma: Galego