Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O NADADOR

€22,00
ISBN
Personaxes adúlteros, nómades, homes e mulleres insatisfeitos que desexan evadirse e buscan a súa identidade aquí e acolá, que mudan de vida nun instante…

Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.

Nel, o autor oscila entre a crúa realidade cotiá e a anécdota delirante, e invita á reflexión sen perder de vista o seu humor acedo.

Traducido por Moisés Barcia

John Cheever (Massachussets, EUA, 1912) foi un dos escritores norteamericanos máis destacados do século xx.Comezou a súa andaina como escritor con apenas vinte anos, publicando varios contos en The New Yorker. O xeito no que retratou o soño americano na súa obra fíxoo merecedor do título de «Chekhov suburbano».

No ano 1979 recibiu o Premio Pulitzer e en 1982, a Medalla Nacional de Literatura.

____

Editorial: Rinoceronte 04-2024
Idioma: Galego