Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O NACIONALISMO NA ERA TECNOLÓXICA

€17,95
ISBN 9788489896453

O nacionalismo na era tecnolóxica é unha análise das identidades culturais e nacionais nunha perspectiva moderna. O autor mostra como a tecnoloxía foi decisiva á hora de crear fronteiras e dependencias e como afecta á difusión da cultura e ó futuro das diversas linguas. Tamén analiza a influencia mutua entre o progreso tecnolóxico e reivindicacións nacionalistas e a necesaria harmonización das visións globais e nacionais en medio ambiente. A obra é unha innovadora aportación teórica ó campo do nacionalismo, considerando o papel que a tecnoloxía ten na nosa sociedade a finais do século XX e sinala a importancia da diversidade, así como as contradiccións en que caen en moitas ocasións as culturas máis estendidas, que, contra o que ás veces se di, tamén necesitan crear estratexias defensivas.

Nuns momentos en que o nacionalismo e o universalismo están de plena actualidade, esta obra significa unha visión actualizada e orixinal do tema.

Tradución do catalán de Antón G. Garazo.

_____

Editorial: Laiovento 1999

Idioma: Galego