O obxecto deste libro é analizar o nacionalismo español de raíz liberal e ver como nos últimos anos se acentuou unha mensaxe nacionalista española sen precedentes no réxime actual.
O reavivamento do nacionalismo español parece indicar que, despois duns anos de dinámica centrífuga marcada pola construción do Estado das Autonomías, nos atopamos ante unha reacción centrípeta, de renacionalización do discurso político.
Así o indica a progresiva polarización da vida política entre dúas opcións estatais que loitan encarnizadamente por presentárense como patrióticas españolas, así como a progresiva demonización dos nacionalismos exacerbados, particularmente do catalán. Neste sentido, o autor augura unha progresiva polarización da cuestión nacional nos vindeiros anos.
Tradución do catalán de Antón García Garazo.
_____
Editorial: Laiovento 1997
Idioma: Galego