Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O NACEMENTO DE NUNAVUT

€9,30
ISBN 9788483029374
Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos.

Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • UN DÍA DE CAZA

    UN DÍA DE CAZA

    Xoán Abeleira
    €9,30

    Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serr...

    Ver todos os detalles
  • O CARIBÚ NAMORADO

    O CARIBÚ NAMORADO

    Xoán Abeleira
    €9,30

    Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan ...

    Ver todos os detalles
  • LÚA E OS NUBEIROS

    LÚA E OS NUBEIROS

    Xosé Miranda
    €9,50

    Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Qu...

    Ver todos os detalles
  • O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS

    O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS

    Alberto Canal
    €15,00

    Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos.Mais todo se volve na súa contra. ...

    Ver todos os detalles
  • O ANO DA LEBRE

    O ANO DA LEBRE

    PAASILINNA, ARTO
    €17,00

    Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos ...

    Ver todos os detalles