Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN. A BATALLA POR AVALON

€18,00
ISBN WP3050
Neste terceiro volume continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter, que deben unir as súas forzas coas dos membros da Irmandade de Avalon para defender a Illa da Sabedoría dun mal antigo que ameaza o mundo feérico e o dos humanos.



A serie O mundo secreto de Basilius Hoffman As fantásticas aventuras do profesor Hoffman comezaron en 2010 coa publicación en Urco Editora de O ladrón de soños, a primeira entrega da serie que axiña esgotou a primeira edición por mor da magnífica acollida que obtivo entre as lectoras e lectores do noso país. No Na novidades nesta nova entrega son as magníficas ilustracións de Jara Zambrano, artista moi consagrada no xénero fantástico e que xa colaborou noutros títulos de Urco. O deseño de cubertas vén da man de José María Picón, portadista habitual na nosa colección Alcaián, así como noutros proxectos vinculados á literatura fantástica, como por exemplo a editorial Contos Estraños.   Fernando M. Cimadevila
Fernando M. CimadevilaFernando M. Cimadevila
Naceu en Compostela no ano 1977. Forma parte activa do panorama literario galego como escritor e editor. Desde 2011 é director literario de Contos Estraños, editora especializada en literatura fantástica, de terror e de ficción científica, que reúne unha nova xeración de escritores do xénero. Como escritor destaca o seu labor en literatura infantil coa colección As aventuras do Apalpador e a serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman. Tamén foi finalista do Premio Desnivel coa súa novela de viaxes e investigación Acariciando el cielo. Entre as súas afeccións deportivas destacan o taekwondo, o trekking e durmir a sesta cos seus gatos. Jara Zambrano
Jara Zambrano

Jara Zambrano

Desde pequena sempre soubo que o que máis lle gustaba era debuxar. Decidiu estudar artes e, aínda que ía ben encamiñada, desviouse do seu camiño por un tempo para probar Restauración de Bens Culturais en Pontevedra. Ao se decatar de que, malia que esta carreira era preciosa, necesitaba urxentemente volver crear, decidiu retomar a idea orixinal e cursar os estudos de Deseño Gráfico na escola Pablo Picasso de A Coruña. Tras terminar os estudos e se embarcar en varios proxectos, fixo tres estancias de prácticas en empresas de comunicación gráfica de Angoulême, Francia, e, inspirada polo que alí viu, decidiu que montar o seu propio estudio non era unha idea tan disparatada.

____