Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O MUNDO INVISÍBEL.

€19,90
ISBN 9788487882048
O que o mundo nos ofeerce de visíbel é o suficientemente evocador como para constituir unha linguaxe de misterio-

O MITO DE SÍSIFO Os deuses condenaron a Sísifo a subir unha rocha ao cume dunha montaña de onde a pedra caería polo seu propio peso. Pensaban, con algunha razón, que non hai castigo mais terríbel que o traballo inútil e sen esperanza… Ao final de todo ese longo esforzo delimitado por ese espacio sen ceo e polo tempo sen profundidade, chégase á meta. Sísifo contempla entón a pedra precipitarse nuns instantes cara a ese mundo inferior de onde terá que volvela subir ata os cumes. El baixa outra vez á chaira. É durante este retorno, durante este descanso, que me interesa Sísifo. Unha cara que sofre tan perto das pedras, xa é pedra ela mesma. Vexo este home baixar con paso pesado e cadencioso indo cara ao tormento que non terá fin. Este momento que é como un respiro e que chega de novo de forma tan segura como chega a súa desgracia, este é o momento da conciencia. En cada un destes instantes, cando deixa os cumes e se adentra pouco a pouco nas tobas dos deuses, é superior ao seu destino. É moito máis forte que a súa rocha. […] Pero no mesmo momento, cego e desesperado, recoñece que o único lazo que o ata ao mundo é a man fresca dunha rapaza. Unha voz desmesurada resoa entón “A pesar de tantas probas, a miña idade avanzada e a grandeza da miña alma fanme dicir que todo está ben”. O Edipo de Sófocies como o Kirilov de Dostoievski, revelan así a fórmula da vitoria absurda. A sabedoría antiga xúntase co heroísmo moderno. Un non descobre o absurdo sen antes intentar escribir algún que outro manual de felicidade. “¡Vaia! ¿E por que vieiros tan estreitos? Pero só hai un mundo. A felicidade e o absurdo son dous fillos da mesma terra. Son inseparábeis. O erro sería dicir que a felicidade nace forzosamente do descubrimento do absurdo.

Pode suceder tamén que o sentimento do absurdo naza da felicidade. “Penso que todo está ben”, di Edipo, e esta palabra é sagrada. Ela resoa no universo arisco e limitado do home. Ela ensínanos que todo non está nin estivo esgotado. Ela expulsa deste mundo un deus que entrara nel coa insatisfacción e co gusto dos sufrimentos inútiles. Ela fai do destino o asunto do home que os homes teñen que resolver entre eles.

Toda a ledicia silenciosa de Sísifo está aí. O seu destino perténcelle. A súa rocha é a súa propiedade. Do mesmo modo, o home absurdo, cando contempla o seu tormento, silencia todos os ídolos. Cara ao universo sumido repentinamente no seu propio silencio, álzanse os milleiros de pequenas voces marabilladas da terra. Estas chamadas inconscientes e secretas, estas invitacións de todas as caras, son o reverso necesario e tamén o prezo da vitoria. Non hai sol sen sombra e ademais é necesario coñecer a noite. O home absurdo di si e o seu esforzo non terá fin.

Se existe un destino persoal, non hai un destino superior ou en todo caso só existe un que el considere fatal e despreciábel. Polo demais el considérase o dono dos seus días. Neste instante sutil en que o home volve considerar a súa propia vida, Sísifo, volvendo cara á súa rocha, contempla esta serie de accións sen nexos de unión, que se converten no seu destino, creado por si mesmo, unido baixo a mirada da súa memoria e moi axiña selado pola súa morte. Así persuadido da orixe humana de todo o que é humano, como un cego que quere ver e que sabe que a noite non ten fin, segue o seu camiño. A rocha segue a rodar.

¡Deixo a Sísifo ao pé da montaña! Atopamos aínda o seu fardo. Pero Sísifo mostra a fidelidade superior que nega os deuses e levanta as rochas. El tamén pensa que todo está ben. Este universo a partir de agora sen amo non lle parece estéril nin fútil. Cada un dos graos desta pedra, cada estela mineral desta montaña chea de noite, é abondo para formar un mundo. A loita mesma cara aos cumes abonda para encher un corazón de home. É preciso imaxinar a Sísifo feliz.

Albert Camus


____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego