O MUNDO E OUTRAS VÉSPERAS. COLABORACIÓNS EN EL PUEBLO GALLEGO (1932-1936)
por Álvaro Cunqueiro
€21,00
ISBN 9788491519041
Álvaro Cunqueiro, cultivador dos máis variados xéneros literarios, tivo como profesión a de xornalista.
Sabida a importancia indiscutible da súa obra e das súas posibilidades estéticas e temáticas, este volume quere reivindicar a produción aparecida en El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936, de capital importancia para a configuración e comprensión da obra cunqueiriana como poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, crítico e tradutor, tanto de Pre coma de Posguerra, e, sobre todo, desexa salientar o labor periodístico do mindoniense, tan brillante e rebordante de imaxinación nestes textos coma en calquera dos seus libros.
____
Editorial: Galaxia 2022Idioma: Galego