Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del.
Só a un tolo se lle ocorrería afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia do éxito da empresa, aquel extravagante individuo, capaz de engaiolar durante veladas enteiras aos rapaces da aldea coas súas imitacións de animais e de veciños, revela un defecto que os fará reafirmarse no seu primeiro diagnóstico: nos momentos de tristura Gunnar –Kunnari para os veciños– ouvea. As noites pasadas en vela polos aldeáns por causa dos ouveos serviranlles de pretexto para intentar encerrar nun manicomio o imprevisíbel muiñeiro. Porén, Gunnar, axudado pola adorábel Sanelma Käyrämö, tratará de defender a súa liberdade con todas as forzas.
Idioma: Gallego

____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego