Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O LONGO ADEUS

€15,00
ISBN 9788494971327
O longo adeus, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos de América, está considerada a obra mestra de Raymond Chandler. Herdeira do estilo crítico e realista de Dashiell Hammett, o tempo converteuna nun clásico da narrativa negra.  

O detective Philip Marlowe axuda a marchar do país a Terry Lennox, un estraño personaxe sobre o que recaen todas as sospeitas polo asasinato da súa muller. Máis tarde, o fuxido suicidarase en México tras escribir unha carta de confesión. Aínda que o caso queda pechado, Marlowe teima en investigar sen atender ás presións da policía, dos baixos fondos e do magnate Harlan Potter, pai da falecida. Ao tempo, encárgase de localizar un escritor desaparecido, o atormentado Roger Wade, unha nova pescuda coa que o detective irá descubrindo o misterio que agocha a personalidade de Lennox. A través dun agudo retrato social das clases altas norteamericanas, o gansterismo e o desencanto, O longo adeus funciona como novela sobre a lealdade, a soidade e a perda das ilusións. Así o evidencian o nervio poético dalgunhas pasaxes, a estilización dos diálogos e o seu emocionante clímax. Supón, no fin de contas, unha demostración da forza narrativa de Raymond Chandler, consciente de que estaba a escribir a súa obra máis ambiciosa.        

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego