Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LOITO É ESA COUSA CON PLUMAS

€17,00
ISBN 9788419795892

Nun piso de Londres dous nenos enfróntanse á insoportable tristeza pola morte repentina da súa nai. O seu pai, un sentimental experto na obra de Ted Hughes,
imaxina un futuro baleiro.
Neste momento de desesperación, visítaos o Corvo (antagonista, trapalleiro, curandeiro e neneiro), que ameaza con quedar nesta familia ata que xa non o necesiten.

Traducido por Moisés Barcia

Max Porter (High Wycombe, 1981) xa traballara como libreiro e editor antes de comezar a súa carreira como escritor. A súa obra de debut, O loito é esa cousa con plumas (2015), mestura de prosa e poesía, gañou múltiples premios, como o Dylan Thomas ou o Europese Literatuurprijs. Despois virían Lanny (2019), The Death of Francis Bacon (2021) e Shy (2023).

____

Editorial: Rinoceronte 05-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 144
FICCIÓN, NARRATIVA