Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LIBRO DA FILLA

€24,00
ISBN 9788491514381
Un gran thiller político, intimista, sentimental e social.

Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla que sostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e que desexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe. No proceso, sairán á luz historias ocultas que quizais é mellor non saber, movendo, a través da pescuda, a unha reflexión sobre a ética da verdade fronte á mentira e sobre a propia felicidade na vida de Helena. A investigación xornalística é, en realidade, o punto de partida para afondar nas vidas e relacións de dúas familias marcadas non só polas particulares trastendas do amor, senón tamén pola irrupción do totalitarismo e a extrema dereita do mesmo xeito calado e sutil en que se introduce na sociedade e na política do noso tempo. O libro da filla é un relato profundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mello e o peor de nós como persoas e como sociedade. Unha novela que afonda no máis meserábel da condición humana a través dunha voz directa e desgarrada que se inmisce de modo íntimo nuns personaxes cos que é imposíbel non identificarse.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O ENCAIXE DE BRUXELAS

    Luz Darriba
    €23,00

    A loita pola supervivencia leva a Clara dende Bos Aires a España, e de aquí a Bruxelas, onde traballa como comisaria de exposicións de arte ás orde...

    Ver todos os detalles
  • UN TIPO LISTO

    UN TIPO LISTO

    Xosé Monteagudo
    €19,70

    Premio García Barros 2009 Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta d...

    Ver todos os detalles
  • A FILLA DE LUCRECIA

    XABIER PAZ
    €20,00

    Para o mundo son Alba de Vítores, filla de Lucrecia de León, soñadora condenada polo Santo Oficio, culpábel de blasfemia, falsidade e sacrilexio, t...

    Ver todos os detalles
  • A FADA DAS LAPAS

    A FADA DAS LAPAS

    Manuel Janeiro
    €14,70

    Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metá...

    Ver todos os detalles
  • COMEZAR DESDE CERO

    COMEZAR DESDE CERO

    Tania Merelas
    €20,00

    As violencias machistas son un eixo que vertebra ás sociedades patriarcais nas que vivimos. A humillación, a dor, a submisión, o auto-abandono, a i...

    Ver todos os detalles