Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O INVERNO AUSENTE

€18,00
ISBN 9788418136320

Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e mesmo dun futuro incerto. Na inmensa maioría eran varóns, apenas mozos imberbes, e o seu destino preferido foi a América Latina que apareceu como a oportunidade que no seu país se lle negaba.

Nas aldeas da comarca por onde transcorre o río Verduxo, na provincia de Pontevedra, cara a montaña de Ponte Caldelas ata A Lama, aínda están vivas hoxe as súas pegadas. A elección dos seus mozos derivou case masivamente ao Brasil, nas cidades de Salvador da Bahia ou do Rio de Janeiro. Alí a nosa xente lexitimou espazos propios de traballo e de empresa, iniciouse en múltiples oficios e industria creando comunidades prósperas que souberon progresar e acompañar o crecemento dese país. Saíron sendo nenos sen saber a onde e chegaban de novo á terra como homes cumpridos. As súas vidas non foron fáciles e os seus afectos bipolares derivarán no agradecemento ao país de acollida e á xenerosidade coas súas orixes. Galiza e Brasil, dous mundos para unha soa vida.

Esta é unha das moitas historias que pretenden aproximar a aquela realidade. Está presentada baixo tres vidas dispares: as dos que trunfan por mor do seu talento e dedicación, as dos que fracasan e chegan doentes de volta case para morrer e as dos caveiras que viven do día a día e como espíritos libres que non admitían disciplinas.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Galego