Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

€14,00
ISBN 9788493684204

Neste caso non se trata dun canto aos libros por si mesmos nin á lectura, sexa do que sexa con tal que sexa moita, senón de como ler. E por aí entra en O incrible neno devorador de libros un vento fresco de retranca que fai deste álbum un verdadeiro acerto de humor e de chiscadelas intelixentes que tanto confortarán ao lector. Teño para min que álbum infantil (este éo) é ilustracións de lectura perfectamente adecuadas á comprensión infantil. Páxinas partidas en horizontal xunto con outras unitarias ou, mesmo, dobres, sempre coa presenza de Henry na actitude que o texto anuncia en cada caso, pero non explicita. Liñas de ollada, marcas cinéticas, cromatismos narrativos e outros elementos técnicos, moi ben elaborados e administrados, completan un álbum atinado e que ten un alto valor e interese para o lector infantil. A todo o anterior hai que engadir o acerto de encomendar a adaptación tipográfica a un dos grandes ilustradores galegos, Óscar Villán. Porque nestes elementos metatextuais reside unha parte moi importante dos compoñentes visuais e narrativos que lle confiren ao álbum unha abundancia de planos lectores, de elementos de literacidade, que fan del unha obra moi merecente de grande atención. (Xabier P. DoCampo)

____

Editorial: Patasdepeixe
Idioma: Galego