Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O IMPERIALISMO NO SÉCULO XXI

€17,00
ISBN 9791399039030

Esta obra aborda unha cuestión imprescindíbel para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deitan por terra certezas que parecían inamovíbeis. Falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá. O libro analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumentos dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive. Examina, ademais, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos. Aliás, busca desmontar mitos e abrir o ollar a outras realidades de que case non se fala, en que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, frente á lóxica da imposición. Unha obra que cuestiona a idea de que vivimos no mellor doa mundos posíbeis e defende que, hoxe máis que nunca, a alternativa ao imperialismo pasa pola defensa da soberanía dos pobos.

Duarte Correa Piñeiro
Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Profesor de Ensino Secundario.
Foi Secretario de zona de Vigo e membro da Dirección Nacional de ERGA ademais de representante dos CAF no Claustro da USC e na Xunta da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Membro fundador de Galiza Nova.
Responsábel Comarcal do BNG do Salnés do 1998 ao 2009, integrando neste momento o Consello Comarcal.
Foi membro da Executiva Federal da CIG-ENSINO coas responsabilidades de Relacíons Institucionais e Internacionais, formando parte ademais do Consello Confederal da CIG.
Ten participado en representación do nacionalismo galego en diversos congresos, encontros e seminarios internacionais en países de Europa e América Latina.
É Secretario de Relacións Internacionais da UPG.
Coautor dos libros “ERGA. Un lume que prendeu” (1997) e “Galiza/Poboación e Industria” (2006). Colabora en diversos medios dixitais con artigos fundamentalmente referidos a cuestións internacionais.

___

Editorial: TEMPO GALIZA 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 166
POLÍTICA
ECONOMÍA
IMPERIALISMO