Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O HOME TRAVESEIRO

€23,90
ISBN 9788491513018
Na cidade de Kamenice, nun lugar indeterminado da europa Central, varios meniños e meniñas desaparecen.

Os detectives Tupolski e Ariel deteñen e levan á comisaría dous irmáns, Katurian e Michal, logo dun rexistro na súa casa, onde atoparon probas que os poderían incriminar. O primeiro é un escritor de relatos que traballa no servizo de limpeza do matadoiro da cidade, mentres o segundo acode a un centro ocupacional para persoas con diversidade cognitiva. A medida que progresa o seu interrogatorio iranse ofrecendo detalles da vida de ambos, saberemos o tipo de relatos que escribe o maior dos irmáns e coñeceremos a sorte dos nenos e nenas desaparecidos. Pero tamén poderemos ler algunhas historias especialmente arrepiantes na mellor tradición da literatura popular infantil. McDonagh, Martin (Londres, 1970) é un dos autores dramáticos máis relevantes da escena británica e irlandesa das pasadas décadas, desenvolvendo igualmente unha notable carreira no eido do cine, como escritor de guións e director. En ambos os campos recibiu numerosos premio, desde un Oscar á mellor curtametraxe por Six Shooters (2005) ata un Globo de Ouro por Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (2017). Como dramaturgo recibiu o Premio Lawrence Olivier en tres ocasións e foi finalista nos Tony en catro. Unha parte importante da súa obra, como A raíña da beleza de LeenaneUn cranio furadoOeste solitarioO tolleito de Inishmaan e O home traveseiro, foi representada en Galicia, onde tamén obtivo numerosos premios e unha moi favorable acollida da crítica.    

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego