Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O GRAN REXEITAMENTO/ FLORES PARA ALBERT AYLER

€12,00
ISBN 9788494321092

Que había en Albert Ayler. Que transportaba. Por que a verdade estaba en marcha. A quen obedecía o ritmo. Como a historia se activa dentro da linguaxe. Xacobinos...

O laboratorio NUMAX foi o encargado do deseño da publicación, que formará parte da colección Cera de Abella. O autor, Daniel Salgado, é xornalista en Sermos Galiza. Licenciado en Ciencias da Comunicación e xa conta con outros poemarios como Éxodo (2006, Ed. Xerais), Os poemas de como se rompe todo (2007, Sotelo Blanco), Ruído de fondo (2012, Ed. Xerais), Dos tempos sombrizos (2013, Ed. Xerais) ou Ensaios (2015, Inés de Castro Edicións).

“Que había en Albert Ayler. Que transportaba. Por que a verdade estaba en marcha. A quen obedecía o ritmo. Como a historia se activa dentro da linguaxe. Xacobinos negros, acción das condenadas. O tempo non se mide co reloxo do home branco. O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler é unha ofrenda e unha ofensa, un asalto e o mito reducido a cinza. Catorce cantos sobre escravas en revolta, masas de ruído esnaquizado e unha pregaria.”

____

Editorial: Apiario 2017
Idioma: Galego