A autora —Isabel Villanueva (Isashopaholic)— dáse a coñecer a través de dúas ducias de palabras galegas, palabriñas da súa vida. Palabras coas que se criou, que usa acotío e que a transportan a momentos da súa infancia.
A autora: Isabel Villanueva (Isashopaholic)
Idioma: Castellano
Con estas vinte e catro palabras vainos levar a coñecer tradicións de Galicia e vainos trasladar a situacións e a acontecementos que, con toda certeza, moitos de vós tamén vivistes. Gozade moito del porque “o galego mola”.
Ma Isabel Villanueva Mariño, nacida en Carballo, A Coruña, lánzase ao mundo 2.0 no 2010 cun vídeo en Youtube. A modo de hobbie ía subindo vídeos variados, de cousas cotiás que lle gustaba compartir. Pouco a pouco vai medrando en todas as redes sociais, pero hai dous anos foi cando deu o salto defini- tivo para dedicarse profesionalmente á xestión da súa marca persoal “Isashopaholic” e, posteriormente, crea “O galego mola”, un lugar onde comparte cos seguidores o idioma, lembranzas, impresións, reflexións, receitas en galego e lugares de Galicia.
____
Editorial: HerculesIdioma: Castellano