Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O FORASTEIRO MISTERIOSO

€14,75
ISBN WP2327
A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás

A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás. Axiña xorde entre os catro un certo vínculo de familiaridade, e os tres aldeáns observan abraiados como o seu novo compañeiro demostra ter capacidade abonda para influír naquilo que se propoña, o cal xera non poucos conflitos. O caos moral é considerable, pero en todo caso unha cousa parece clara: Satanás provoca co seu inaudito comportamento que os rapaces reflexionen sobre a futilidade de canto lle acontece á raza humana.Da man do forasteiro, o mozo protagonista, Theodor Fischer, saberá das atrocidades cometidas polo home ao correr dos séculos: torturas, inxustizas, infamias, crueldades, vilezas, covardías, falsidades... A luz que Satanás deita sobre a historia da humanidade revélaa como un auténtico pesadelo. En boa medida esta obra supón unha análise filosófica, moi ao estilo de Twain, da hipocrisía imperante, sen distinción de épocas

____