Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O FARO DE AREALONGA

Esgotado
€12,15
ISBN 9788483027073
Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos amigos e descansar coa familia.

Pero o que agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre todo, prezado amigo, volve ao presente cunha forza que sacode o que ata ese momento semellaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os estraños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presenza na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses desencadearán as indagacións da xornalista que a dirixirá a coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un transportador de materia. O faro de Arealonga de Uxía Casal é unha engaiolante novela de intriga e suspense, na liña das mellores obras da actual ficción científica contemporánea.


____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego