Unha intriga na que conflúen os xéneros de novela policial e gótica. Todo comeza cando Max esperta nunha casa en ruínas; ten o corpo cruzado por enormes cicatrices que evidencian que o atendeu un cirurxián, per el non lembra nada. Nora estuda Medicina na cidade alemá de Ingolstadt e esa mesma noite de entroido coñece a Max cando ambos salvan unha nena de morrer afogada no Danubio. a atracción é inmediata. O problema é que pertencen a épocas distintasà
___
Editorial: Rodeira 09-2024
Idioma: Galego