Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DOUTOR HÉRACLIUS GLOSS

€9,00
ISBN WP4083
Trátase dun texto intelixente e burleiro cun fondo satírico tremendamente atractivo. A trama desenvólvese dunha maneira lineal a partir da estrafalaria figura do doutor Héraclius Gloss, cuxa incursión no engaiolante mundo da metempsicose provocará nel, cando menos, un cambio de rumbo, talvez un desbordamento.

O doutor Héraclius Gloss é unha novela curta que se publicou por entregas en La Revue de Paris entre novembro e decembro de 1921, é dicir, case trinta anos despois do pasamento do seu autor, Guy de Maupassant, quen a escribira con toda seguridade na súa primeira etapa, moi probablemente nos derradeiros meses de 1875. Trátase dun texto intelixente e burleiro cun fondo satírico tremendamente atractivo. A trama desenvólvese dunha maneira lineal a partir da estrafalaria figura do doutor Héraclius Gloss, cuxa incursión no engaiolante mundo da metempsicose provocará nel, cando menos, un cambio de rumbo, talvez un desbordamento. Entre medias, o lector saberá dunha alma humana migrada ao corpo dun mono, dun manuscrito que sementa a discordia entre dous sabios, das risas non disimuladas dunha veciñanza un tanto cruel, do amancebamento de Héraclius ou mesmo do seu vexetarianismo, non sempre doado de respectar.O xenio e a mordacidade de Maupassant acadan nesta pequena obra cotas nada desprezables. Non en van, o autor está considerado unha das grandes plumas da narrativa breve.


____