Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS. A DERRADEIRA TRAVESÍA DO PRIAM

€20,00
ISBN WP4625
Corría o ano 1866 cando os irmáns Holt anunciaban en Liverpool a creación da Blue Funnel Line, unha compañía navieira que nacía co propósito de proporcionar un servizo de vapores regular de Inglaterra a China.

Corría o ano 1866 cando os irmáns Holt anunciaban en Liverpool a creación da Blue Funnel Line, unha compañía navieira que nacía co propósito de proporcionar un servizo de vapores regular de Inglaterra a China. O Priam, un dos seus buques naufragou nas Illas Sisargas nos primeiros días de xaneiro de 1889. As correntes achegaron até os areais de Alba e Sabón gran cantidade da carga do barco: centos de metros de teas de la e algodón, un baúl ateigado de libras esterlinas, e tamén un piano que acabaría soando no primeiro café que houbo na Baiuca, o Café Verán.

____