Thomas Reed, un mozo galés afeccionado á música de R.E.M. e á Wikipedia, trasládase coa súa familia a Galicia para traballar como profesor de inglés nun colexio privado de Santiago de Compostela.
Será alí testemuña dun acontecemento que crebará a convivencia dunha sociedade galega en tempos de crise: a misteriosa aparición dun coala nunha antiga carballeira, transformada agora en eucaliptal. Trátase dunha fantasía, descontrolada, sobre a inevitabilidade de que os lugares que sentimos coma propios muden. Dunha chamada á acción, para que fagamos que as cousas sexan, non como unha vez foron, senón coma nós queiramos construílas.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Do PeiraoIdioma: Gallego