Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O CASTELO DOS CÁRPATOS

€14,50
ISBN WP2261
Jules Verne artella O castelo dos Cárpatos a modo de sátira das crenzas e supersticións populares, o cal non empece que nalgúns andeis o libro apareza catalogado dentro do xénero terror. Secasí, é innegable o toque gótico da historia, inzada de castelos, alxubes, pasadizos ou aparicións.

Jules Verne artella O castelo dos Cárpatos a modo de sátira das crenzas e supersticións populares, o cal non empece que nalgúns andeis o libro apareza catalogado dentro do xénero terror. Secasí, é innegable o toque gótico da historia, inzada de castelos, alxubes, pasadizos ou aparicións. Con todo, o seu durame confórmase tamén cos códigos dos relatos de aventuras e mesmo cos da narración científica para desembocar, na fin de contas, nunha exaltación do racionalismo.Igual ca moitas outras obras do autor francés, o texto orixinal foi publicado por entregas na revista Magasin d'Education et de Récréation. Corría o ano 1892, e dende aquela primeira saída do prelo, a novela non deixou de recoller boas críticas e de ser reeditada, traducida a diversas linguas e adaptada a múltiples formatos, tal como a televisión, o cinema, a banda deseñada ou a ópera. Publicada case cinco anos antes ca o Drácula do escritor irlandés Bram Stoker, o libro de Verne avanza a atmosfera que chegaría a perfilar a Transilvania do imaxinario colectivo, mesmo até os nosos días. Mais, a diferenza da obra mestra de Stoker, o xenio francés coloca nun lugar preponderante a ciencia e a tecnoloxía.

____