Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O CARIBÚ NAMORADO

€9,30
ISBN 9788497820936
Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan reunidas na qalgie, a cabana das cerimonias. Esa noite, o xamán Ainuk vai realizar a súa viaxe. O que Ainuk ve é a rota que seguen os caribús ao subiren á costa na busca de pasteiros, e desa rota depende a vida de toda a aldea.

O libro está protagonizado por Nunavut, unha nena do pobo dos esquimós á que xa coñecemos a través doutros volumes desta serie, como O nacemento de Nunavut e Un día de caza. Nunavut é unha nena esperta que observa o mundo cos ollos cheos de interese e sen aceptar prexuízos, a pesar de que o seu pobo sobrevive en durísimas condicións e no contexto dunha cultura na que o real e o supranatural están totalmente vencellados. Acaba de chegar o verán e con el a luz. A tribo trasladarase buscando a caza, pero antes, na cabana das cerimonias, o xamán realizará a súa viaxe iniciática para adiviñar a rota que seguen os caribús. O pobo seguirá ao xamán ata o val dos Tarauxolos e alí é onde Nunavut coñece a un caribú que busca a morte porque o seu amor non é correspondido, pero a nena convencerao para que continúe con esa busca do amor.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • UN DÍA DE CAZA

    UN DÍA DE CAZA

    Xoán Abeleira
    €9,30

    Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serr...

    Ver todos os detalles
  • O NACEMENTO DE NUNAVUT

    O NACEMENTO DE NUNAVUT

    Xoán Abeleira
    €9,30

    Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou ...

    Ver todos os detalles
  • A CAIXIÑA DOS RANCORES

    A CAIXIÑA DOS RANCORES

    Héctor Cajaraville
    €12,15

    4ª Edición - Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015   A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, rev...

    Ver todos os detalles
  • O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS

    O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS

    Alberto Canal
    €15,00

    Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos.Mais todo se volve na súa contra. ...

    Ver todos os detalles
  • A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

    A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

    Kirmen Uribe
    €22,00

    A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e trata...

    Ver todos os detalles