Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo, nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos e pola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor. Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxa existencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporciona un correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.
Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da "Asociación de Artistas Ceibes" da Coruña. Falecido prematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súa obra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición, prepararada por Raimundo Patiño, d' O camiño de abaixo, trece contos que, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentro da "nova narrativa" galega. A presente edición d' O camiño de abaixo, preparada pola profesora Teresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce contos da primeira edición de 1970, así como as tres narracións engadidas na edición de 1985 ("Disquisicións dun señorito en materia de relixión", "O neno" e "o traxe aldeán". Completan o volume un apartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobre a figura de Xohán Casal, que este volume recupera.O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena "longa noite de pedra"; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era o instrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital, expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego