O narrador e protagonista desta novela vainos contando o seu paso da infancia á adolescencia con tal naturalidade que poderiamos lelo por toda a eternidade. É fillo dos criados dos donos dun chalé no Empordá (Catalunya) e para ir á escola en bicicleta usa un atallo á beira dun estanque de parrulos e un carballo vello e grande. Mais todo está a piques de mudar, non só a súa voz e o seu corpo, tamén a paisaxe na que se criou, transformada pola especulación inmobiliaria.
'O atallo' conseguiu un grande éxito de crítica e público e varios recoñecementos a obra publicada. Mereceu o Premio Maria Àngels Anglada e o Premio Setè Cel. Foi finalista do Premio Òmnium á mellor novela do ano 2020.

Tradución de Isaac Rubín
Miquel Martín i Sierra (Bagur, Cataluña, 14 de agosto de 1969) é un escritor español en lengua catalana.
Pasou a infancia en varios pobos do Empordán, que inspiraron boa parte da súa obra. Ao pouco tempo de licenciarse en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona, deuse a coñecer no ámbito literario ao gañar o Premio Joan Fuster para autores novos.
Despois dunha longa estancia en Inglaterra, publicou a súa primeira obra, unha compilación de contos titulada Hi ha amors que maten (Columna, 1996), á que lle seguiron novelas, libros de lendas, artigos literarios e varios ensaios sobre literatura.
É estudoso da obra de Joan Vinyoli, sobre o cal publicou ensaios, artigos e divulgou a obra a través de conferencias, recitais e roteiros poéticas.

____
Idioma: Galego