Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ASASINO QUE HAI EN MIN

€18,50
ISBN 9788492866434

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, médico rico e reputado, non estudase na universidade? Por que se desentende da morte en estrañas circunstancias do seu irmán adoptivo? E como non casará dunha vez coa moza de toda a vida? Ben pensado, igual Lou Ford é un home máis complicado do que parece.

Publicada en 1952, O asasino que hai en min é unha das novelas máis logradas e coñecidas de Jim Thompson. Adaptada ao cinema en dúas ocasións, consagrou o autor como un dos grandes representantes da novela negra.

____

Editorial: Rinoceronte 2014

Idioma: Galego