Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ANO DO PENSAMENTO MÁXICO

€21,00
ISBN 9788417388812

Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante acaba coa vida de Dunne. En O ano do pensamento máxico Didion tenta buscarlle sentido ao sucedido, estudalo desde todas as perspectivas ao seu alcance para asimilalo e recompoñer corpo e alma. O resultado é un sagaz estudo do dó en
que milleiros de lectores se viron –ou se verán, avisa Didion– reflectidos no transo de perder un ser querido.

 

____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego