Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ACONTECEMENTO

€17,00
ISBN 9788417388911
“Que a forma na que eu vivín esta experiencia do aborto –a clandestinidade– sexa cousa do pasado non me parece un motivo válido para que se siga ocultando. Sobre todo se unha lei xusta case sempre ofrece o paradoxo de obrigar as antigas vítimas a calar porque «todo iso xa se acabou», de modo que o mesmo silencio de antes tape o que pasou. Precisamente porque xa non pesa ningunha prohibición sobre o aborto podo afrontar, deixando de lado o sentido colectivo e as fórmulas necesariamente simplificadas, impostas pola loita dos anos setenta –«violencia exercida contra as mulleres», etc.– en toda a súa realidade este acontecemento inesquecible.”
Traducido por Moisés Barcia.
Annie Ernaux
Annie Ernaux (Lillebonne, 1940) debutou na literatura en 1974 con Les armoires vides, que se alimenta do mesmo episodio ca L’événement (2000). Cunha longa e prolífica carreira, a autora revela a agonía da experiencia de clase, describindo a vergoña, a humillación, os celos ou a incapacidade de ver quen se é, cun estilo sinxelo e limpo. En 2022 gañou o Premio Nobel de Literatura  “pola coraxe e a agudeza clínica coa que destapa as raíces, os alleamentos e as limitacións colectivas da memoria persoal”.

____

Editorial: Rinoceronte 02-2023
Idioma: Galego