Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOVA ATLÁNTIDA

€8,00
ISBN WP4264
Trátase dun relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, describe unha terra mítica a raíz dun feito simple: a arribada casual dun navío europeo.

Nova Atlántida é un opúsculo escrito por Francis Bacon e publicado en 1627 na versión inglesa e en 1638 na versión latina (lingua de partida para a presente tradución), a definitiva en tanto que reelaborada polo propio Bacon coa axuda do seu capelán e editor, William Rawley. Trátase dun relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, describe unha terra mítica a raíz dun feito simple: a arribada casual dun navío europeo. Tal é o punto de partida para que o autor inglés presente unha sociedade humana rexida por sabios e configurada dun xeito perfecto, motivo de dita para os seus membros. A obra segue, pois, a liña de novelas como Utopía (1516), de Thomas More, ou Civitas Solis (1602), de Tommaso Campanella.A narración en primeira persoa escollida por Bacon axuda ademais a que o lector se interese por unha ficción que en gran medida supón unha escolma filosófica das ideas do británico e mesmo unha xustificación da súa propia vida. A equidade, a corrupción ou a vida conxugal son só algunhas das cuestións abordadas en Nova Atlántida que ben merecen unha lectura atenta.

____