Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NÓS OUTRAS

€16,00
ISBN 9788412222128

nós outras é un libro de poemas de Marica Campo con debuxos de Menchu Lamas cunha vocación inclusiva e revolucionaria forza expresiva.

nós outras é un libro de cores e de valores. Un encontro onde as mans están abertas para ofrecer territorios comunais, ámbitos de intercambio, paisaxes que retratan a beleza e a complexidade de cada persoa. Estas páxinas, escritas por Marica Campo con imaxes poderosas de Menchu Lamas, tratan de afianzar nos nenos e nas nenas a idea de que non hai desculpas para a marxinación ou o acoso. A raza, a condición económica ou social, as características físicas ou mentais, os xeitos de amar ou a procedencia xeográfica son a forza que nos une, un patrimonio compartido. Ao cabo, nós outras propón unha viaxe extraordinaria e fermosísima pola diversidade do mundo e a igualdade do ser humano.


____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Gallego