Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NÓS

€16,00
ISBN 9788494653889
Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924.

Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao checo, por exemplo, en 1927), como dende a versión inglesa (ao francés, en 1929). E con cada nova edición estranxeira de Nós, a fenda entre o escritor e as autoridades soviéticas tornaba meirande. En 1946 George Orwell escribiu unha recensión da obra nas páxinas da revista londiniense Tribune; salientaba a súa «forte tendencia ao primitivismo», así como os «impulsos atávicos» do desasosegado protagonista, D-503. Pola súa parte, Ursula K. LeGuin, outra imperdible da literatura distópica, puxo o acento no seu carácter de excelencia e no «ton anarquista». Trátase, en efecto, dunha peza difícil, avasaladora e poliédrica. De feito, resulta significativo o seu predicamento entre a comunidade matemática e os amantes da metáfora, das sinestesias e do expresionismo. Zamiatin, sobre a base do cálculo, a xeometría e os sentimentos humanos, compuxo un ambiente onírico, sufocante e suxestivo realmente memorable.

____

Editorial: Hugin e Munin

También te podría interesar...

  • DOUTOR ZHIVAGO

    PASTERNAK, BORIS
    €34,00

      A complexa figura de Borís Pasternak non foi comprendida practicamente ata os nosos días. Poeta por encima de todo, tradutor...

    Ver todos os detalles
  • O ESMOLEIRO

    Andreas Karkavitsas
    €14,50

    O esmoleiro é unha destacada mostra da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas, autor influído polo estilo de Zola e dos escritores rusos. A ac...

    Ver todos os detalles
  • O DERRADEIRO AMERICANO

    John Ames Mitchell
    €9,00

    A novela curta O derradeiro americano, de corte satírico e ambientada nun futuro afastado, decadente e, até certo punto, postapocalíptico, foi escr...

    Ver todos os detalles
  • O DERRADEIRO VERÁN

    O DERRADEIRO VERÁN

    Ricarda Huch
    €14,50

    Unha narración epistolar publicouse por vez primeira en lingua alemá en 1910 e está considerada unha das obras de ficción máis relevantes da intele...

    Ver todos os detalles
  • A VIRXE E O XITANO

    A VIRXE E O XITANO

    D. H. Lawrence
    €13,00

    Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gr...

    Ver todos os detalles